





![]() | Hoxe | 66 |
![]() | Onte | 242 |
![]() | Esta semana | 308 |
![]() | Este mes | 1664 |
![]() | Sempre | 54306 |
Teleadministración
Novas
Comunicase a tódolos veciños que o vindeiro domingo 7 de febreiro celebrarase a feira de Sandiás no lugar de costume.
Comunícase a tódolos veciños do municipio as actividades que se realizarán no 2009-2010:
- Obradoiro sobre "Sostinibilidade e aforro en tempos de crise" . 22 de outubro.
- Obradoiro de "Consumo Responsable". 29 de outubro,
- Clases de ximnasia e mantemento.
- Taller de memoria.
- Curso de informática
- Charla sobre "Reciclaxe".
- Charla sobre "O consumo, reserva e utilización da agua".
- Clases de danza e pandereta.
- Música.
- Actividades de reforzo para nenos.
- Actividades para maiores.
* As datas de tódalas actividades comunicaranse por bandos con antelación á realización.
Para máis información pasen polas oficinas do Concello ou chamen ó 988 46 50 01 en horario de oficina (de 9 a 14h).
Sandiás, 22 de outubro de 2009.
A ALCALDESA.
O Concello de Sandiás puxo en marcha neste último trimestre unha serie de actividades destinadas a dar a coñece-lo seu rico patrimonio entre os seus veciños, así como os seus visitantes. Primeiramente a través da edición do número tres d´A Torre do Castro, a revista cultural e turística do Concello de Sandiás , e posteriomente coa edición dun novo folleto turístico e do calendario 2010 co fin de promocióna-lo concello baixo o eslogan de ¨No corazón da Antela¨.
Coa edición dos folletos turísticos trátase de que os visitantes coñezan o patrimonio histórico – artístico, así como o cultural e natural do concello de Sandiás , a oferta de restaurantes, bares, etc., ademais doutros equipamentos que existen no concello para os visitantes, como por exemplo, o Hipódromo de Antela.
Con respecto ó calendario do ano 2010, nesta ocasión está dedicado a dar a coñece-las diferentes igrexas e cruceiros das parroquias do concello, para desta forma promociona-lo patrimonio histórico-artístico do concello entre os veciños, e os emigrantes, xa que se lles enviará a eles.
Este material pretende ser un escaparate das parroquias e poboacións do concello de Sandiás , e unha invitación a coñece-los seus lugares de interese, así como revalorizar entre os seus habitantes o patrimonio histórico-artístico que atesoura o concello.
Noutro apartado de cousas, o Concello de Sandiás solicitou a incorporación á Asociación de Concellos con Castelos, Torres e Enclaves Históricos, logo de participar na xornada ¨O pasado ten futuro¨, organizada pola Consellería de Cultura e a asociación recén creada, que tivo lugar na illa de San Simón o pasado día 18 de novembro, contando coa participación do conselleiro de Cultura e a secretaria xeral de Turismo entre outros participantes. A través desta iniciativa preténdense participar en accións para a dar a coñecer e por en valor a torre de Sandiás ou, como é coñecida polos veciños, a torre do Castro.

Con respecto ós visitantes que este ano se acercaron a coñecer o noso concello, coa súa visita á Casa da Lagoa (Centro de Interpretación da lagoa de Antela), desde o mes de xuño de 2008 ata o mes de xuño deste ano recibíronse un total de 786 visitantes. A maioría destas visitas están compostas por colexios e institutos da provincia de Ourense, pero tamén houbo doutras provincias, como foi o caso do Instituto de Baio (Zas - A Coruña) e Ponteareas (Pontevedra) (Por exemplo: CEIP Laureano Prieto (A Gudiña), CEIP Vila do Arenteiro (O Carballiño), CEIP de Maside, CEIP de Rairiz de Veiga, etc.) pero tamén tivemos visitas de: asociacións de mulleres rurais (Asociación de Mulleres Rurais de Ramirás (Ourense)), Asociacións ecoloxistas (Verdegaia), asociacións culturais (Asociación de Amigos da Barreira (Ourense), Asociación de Amigos dos Museos de Galicia (A Coruña), asociacións de veciños (como no caso dos da Lourenzá (Lugo)), da Universidade de Lugo e Ourense (Forestais – Universidade Politécnica de Lugo, Facultade de Educación Social (Ourense)), escolas de adultos (Escola de Adultos da Coruña), asociacións de turismo rural (Asociación de Turismo Rural Limia Verde (Ourense), un curso de monitoras de tempo libre (Lodoselo) , familias de Santander, Barcelona, grupos de Vigo, etc.
















