top

Inicio / Situación xeográfica
mod_vvisit_countermod_vvisit_countermod_vvisit_countermod_vvisit_countermod_vvisit_countermod_vvisit_countermod_vvisit_counter
mod_vvisit_counterHoxe129
mod_vvisit_counterOnte220
mod_vvisit_counterEsta semana129
mod_vvisit_counterEste mes1385
mod_vvisit_counterSempre101545

Imprimir

O concello de Sandiás está situado no sueste da provincia de Ourense formando parte da comarca natural da Lmia. Ten unha superficie de 53 Km e ocupa, en gran parte,  as terras da desecada lagoa de Antela. Limita polo norte cos concellos de Allariz e Xunqueira de Ambía, polo sur co de Xinzo de Limia, polo leste con Xinzo de Limia e Sarreaus, e polo oeste con  Vilar de Santos.

                                                  Sandiás dentro da provincia de Ourense
 

O concello está constituído por unha zona montañosa, con altitudes que oscilan entre os 700 e os 900 metros nos montes de Cantariñas (893 m.), Souteiro, Nogueira, os montes–illa de Coalloso e O Castro, e unha gran chaira que ocupaba na súa gran parte a lagoa de Antela. Nesta localízanse a maior parte dos pobos e das explotacións agrícolas mais rendibles e productivas.

   

                                                                 Mapa do concello

O concello atópase ben comunicado, as súas principais vías de comunicación constitúenas a estrada nacional N-525 e a autovía A-52, que atravesan o concello en sentido noroeste-sueste.

 

A súa capital municipal dista da cidade de Ourense 33 Km, 6 Km da vila de Xinzo de Limia e 13 Km da vila de  Allariz.


Distancia coas principais cidades de Galicia por estrada:


-A Coruña: 177 km, O Ferrol: 190 km, Lugo: 119 km, -Ourense: 30 km, -Pontevedra: 115 km,-Santiago de Compostela: 129 km, Vigo: 106 km.

                                                          

                                 Vista da torre de Sandiás coa serra de San Mamede ó fondo

 

 

 

 

 

 

 
Galego (gl-ES)Español (spanish formal Internacional)

Teleadministración

Novas


bottom
top
                                                                                
                                                      Concello de Sandiás
Campo de San Nicolás, 2 - 32692 (Sandiás - Ourense) Tel.: 988 465 001 - Fax: 988 446 048 

bottom

Feito con Joomla!. Designed by: Free Joomla 1.5 Theme, domain hosting. Valid XHTML and CSS.