Concello
Servizos
Turismo







![]() | Hoxe | 107 |
![]() | Onte | 220 |
![]() | Esta semana | 107 |
![]() | Este mes | 1363 |
![]() | Sempre | 101522 |
|
|
Dende a Alcaldía do Concello de Sandiás doulles a benvida a esta “visita virtual” polo noso Concello. A adaptación ás novas tecnoloxías é unha obriga que desde o noso Concello enfrontamos, con ilusión e con esperanza, de que esta nova maneira de entende-la administración sexa de proveito e utilidade para tódolos veciós do noso concello, e de todas aquelas persoas interesadas tanto no noso concello coma nos servizos deste. Este é o reto que intenta cumprilo Concello coa posta en marcha desta páxina web, que permitirá ter unha visión global do noso concello e acceder de forma doada ós trámites e xestións municipais. Aproveitamos estas liñas para invitalos a coñecelos atractivos do noso concello e a gozar da nosa riqueza cultural e patrimonial, así como o noso rico patrimonio natural. Un saúdo A alcaldesa: Mª Concepción Méndez Gándara |











