top

Inicio / Breve análise socioeconómica
mod_vvisit_countermod_vvisit_countermod_vvisit_countermod_vvisit_countermod_vvisit_countermod_vvisit_countermod_vvisit_counter
mod_vvisit_counterHoxe129
mod_vvisit_counterOnte220
mod_vvisit_counterEsta semana129
mod_vvisit_counterEste mes1385
mod_vvisit_counterSempre101544

Imprimir

Este concello conta na actualidade cunha poboación de 1.525 habitantes (IGE, Padrón de habitantes ano 2007) distribuída  en 18 núcleos de poboación que se agrupan en tres parroquias: Couso de Limia, Piñeira de Arcos e Sandiás.

 

Parroquia

Poboación (2005)

Superficie (Km2)

Nº de núcleos

Núcleos

Couso de Limia (Santa María)

523

17,56

3

Couso de Limia, Cerredelo, Vilariño das Poldras

Piñeira de Arcos (San Xoán)

508

16,64

9

Piñeira de Arcos, Arcos, A Chousela, A Corga, A Fontela,  A Ladeira, A Lavandeira, Novaiño, Zadagós

Sandiás

(Santo Estevo)

523

18,60

6

Sandiás, As Pegas, Coalloso, Cardeita, Santa Ana, O Castro

Total

1.554

52,80

18

 

É un municipio que se caracteriza por ser esencialmente agrícola, os seus principais cultivos son a pataca e os cereais. Neste concello dáse unha clara contraposición entre a parte noroccidental, montañosa, dedicada á producción forestal, e as restantes,  chans, dedicadas a cultivos agrícolas.

 

                                              Parcela de patacas na Veiga

Proba da súa orientación cara a cultivos agrícolas é o aproveitamento do 50% das terras labradas. O concello de Sandiás xunto co de Xinzo de Limia, abranguen o 88% do total da superficie comarcal dedicada ó cultivo da pataca por agricultores a título principal. As súas explotacións teñen maior tamaño cás que son habituais en Galicia debido ás grandes parcelas producto do desecamento da lagoa de Antela e á concentración parcelaria posterior. O nivel de mecanización é  un dos máis altos de Galicia.

 

 

                                             Homenaxe á muller labrega

Nos derradeiros anos destaca a súa orientación cara á gandería intensiva coa construcción de numerosas granxas pertencentes ó grupo empresarial COREN. É tamén coñecido pola industria extractiva de áridos, xa que a práctica totalidade das areeiras da Limia se sitúan neste concello. Esta area é moi apreciada para a construcción e fornecen  toda Galicia e o norte de Portugal.

 

Vista desde a Ladeira
 
Galego (gl-ES)Español (spanish formal Internacional)

Teleadministración

Novas


bottom
top
                                                                                
                                                      Concello de Sandiás
Campo de San Nicolás, 2 - 32692 (Sandiás - Ourense) Tel.: 988 465 001 - Fax: 988 446 048 

bottom

Feito con Joomla!. Designed by: Free Joomla 1.5 Theme, domain hosting. Valid XHTML and CSS.