Concello
Servizos
Turismo







![]() | Hoxe | 124 |
![]() | Onte | 220 |
![]() | Esta semana | 124 |
![]() | Este mes | 1380 |
![]() | Sempre | 101540 |
|
|
O Concello de Sandiás é o promotor e o sostén de varias iniciativas culturais que levan anos dando formación ós veciños/as do noso concello.
![]() Rondalla
Rondalla do Concello de Sandiás Conscientes da nula formación musical que existe na zona, o Concello de Sandiás, en colaboración co Colexio Público de Sandiás decidiu promover unha campaña para elevar o nivel cultural da zona referente a esta área musical. Os alumnos do colexio ían ser a correa de transmisión que levarían o seu arredor a influencia cultural que se pretendía.
Creouse entón un grupo instrumental de corda que comeza a súa andadura en febreiro de 1993 coa adquisición dun órgano por parte do Concello de Sandiás e a chegada ó colexio dun profesor ca especialidade de música que desinteresadamente ocupa o seu tempo, fora do horario escolar para os ensaios. Os alumnos que formaron o primeiro grupo instrumental eran os nenos e as nenas de 3º,4º e 5º.
En decembro de 1994 fan a súa primeira presentación en público cun auditorio importante, así como numerosas autoridades locais e provinciais.
Na actualidade a Rondalla está formada por aqueles alumnos iniciais (hoxe antigos alumnos do centro) e as novas xeracións que ano tras ano se van agregando ó grupo orixinal.
As actuacións nestes últimos anos foron varias e en distintos lugares da nosa xeografía, intervindo en numerosos concursos e festivais (Festival de Corais do Teatro Principal de Ourense, etc.) con óptimos resultados en varios deles.
Clases: 2 clases á semana.
![]() Rondalla e coro do concello
Grupo de Danza do Concello de Sandiás Iniciouse conxuntamente ca formación do grupo de gaitas do Concello de Sandiás (que lamentablemente na actualidade non existe por saír do colexio os seus antigos compoñentes e non renovarse mais adiante a súa formación) no curso do ano 88-89. Na actualidade só funciona o grupo de Danza, estando formado por 2 grupos de diferentes idades de nenos/as , tendo unha profesora que lles da dúas horas de clases á semana nas instalacións do Colexio Público de Sandiás. Teñen actuado en diversas festividades, e mais recentemente veñen participado nas últimas convocatorias da Romaría Etnográfica Raigame que se celebra tódolos anos o 17 de maio en Vilanova dos Infantes dende o ano 2003. Clases: 1 clase por semana.
Coro do Concello de Sandiás Esta formado por un grupo de mulleres de tódalas parroquias do concello de diferentes idades. Os ensaios realízanse , cun profesor de canto, un día á semana pola tarde nas instalacións do Colexio de Sandiás. Normalmente cantan na misa do domingo na parroquia de Sandiás, así como en actos culturais, como no Día das Letras Galegas, etc.
Grupo de Teatro do Concello de Sandiás O concello de Sandiás contratou un profesor para aproveitar as inquietudes teatrais e o grande interese polo mundo do teatro dun grupo de rapaces/as do colexio público de Sandiás. Ata o de agora realizaron actuacións en días tan sinalados como o Día das Letras Galegas e o Nadal. Clases: 1 clase por semana.
Grupo de teatro
|











