Concello
Servizos
Turismo







![]() | Hoxe | 128 |
![]() | Onte | 220 |
![]() | Esta semana | 128 |
![]() | Este mes | 1384 |
![]() | Sempre | 101544 |
|
|
¿Qué é? Os Puntos de Atención á infancia (PAI) son aqueles establecementos encadrados nos servizos sociais dos concellos que teñen como finalidade prestar unha atención de apoio aos pais, titores ou gardadores dos nenos de 0-3 anos cando concorran situacións ou circunstancias que lles impidan o seu coidado. Ademais atenderán aqueles casos que respondan a necesidades puntuais.
![]()
Instalacións do punto de atención infantil (PAI)
¿Qué servizos ofrece? O obxecto destes puntos é a prestación dunha atención asistencial en concellos que pola súa baixa poboación infantil ou outras circunstancias económico-sociais, precisen prazas para a atención do colectivo de nenos entre 0 e 3 anos. Concíbense pois como un instrumento de desenvolvemento rural, polo que se priorizará a autorización en concellos con menos de 5.000 habitantes. En concellos con maior poboación a autorización estará vinculada á necesidade de novas prazas de atención e á súa complementariedade coas ofertadas polas Escolas de Educación Infantil 0-3.
O persoal: O cadro de persoal do P.A.I do Concello de Sandiás está composto por unha mestra de educación infantil e unha coidadora.
Horario: O horario previsto inicialmente será dende as 9.00 ata as 13.30 horas de luns a venres, e de 15,30 a 19,30, excepto festivos. Este horario é adaptable a medida das necesidades das persoas que precisen o seu servizo.
![]() Instalacións do PAI no colexio público de Sandiás
¿Cal é a documentación necesaria para a preinscripción? - 4 fotos (Tamaño carnet).
Relación de material mínimo esixido Cueiros, toalliñas, comida (incluído cubertos propios), unha muda completa, mandilón (se o considera necesario), auga, babeiros, pañuelos de papel, pantuflas, xoguetes (opcional, no caso de que se traian deberán vir co nome do neno), biberón, chupete.
![]() Instalacións do Punto de Atención Infantil (PAI)
IMPRESOS Solicitude Administración Medicamentos Autorización recollida do neno/a
|












