Concello
Servizos
Turismo







![]() | Hoxe | 116 |
![]() | Onte | 220 |
![]() | Esta semana | 116 |
![]() | Este mes | 1372 |
![]() | Sempre | 101532 |
|
|
A traballadora social dos servizos sociais do concello de Sandiás traballa activamente para mellorar a calidade de vida e a participación na sociedade de tódalas persoas e grupos do concello. As iniciativas desenvolvidas inciden especialmente nos cidadáns que sofre algún tipo de carencia, marxinación ou desatención selectiva. A atención primaria é a máis achegada ós cidadáns para buscar respostas ás demandas e necesidades das persoas.
Horario de atención ó público: Os xoves de 9:00 a 14:00 horas.
![]() Oficina de servizos sociais
Accións desenvolvidas: As acccións básicas desenvolvidas polos servizos sociais do concello son: 1.- Actividades de orientación, asesoramento e información. Teñen por obxecto informar ós veciños sobre os distintos dereitos e recursos en materia de servizos sociais, así como orientar e asesorar ás persoas e grupos afectados por problemáticas especificas, diganosticar a situación e derivalos, se é necesario, ós servizos sociais de atención especializada.
2.- Programa de Axuda no Fogar. O servizo de axuda no fogar está dirixido a tódala poboación. Gozan de prioridade aqueles cidadáns que presenten disfuncións ou discapacidades que lles limiten a súa autonomía persoal e a súa capacidade de relación social, e que teñan dificultades para procurar o seu benestar físico, social e psicolóxico. A estas persoas préstanselles unha serie de atencións e coidados de carácter persoal, psicosocial e educativo, doméstico e técnico e proporcionáselles a posibilidde de continuar no seu contorno natural, mentres isto sexa posible e convinte. Este servizo pódese complementar co programa de teleasistencia domiciliaria.
3.- Accións de Emerxencia Social Dende os servizos sociais detéctanse situacións de urxencia que requieren ser abordadas de xeito rápido e eficaz. Fundamentalmente situacións de escaseza de medios económicosque dificultan o normal desenvolvemento das personas ou familias. Con este programa preténdese paliar e se é posible, corrixir estes déficits.
4.- Programa de Educación Familiar O programa de educación familiar intervén en tres sectores moi importantes. A familia e a escola, os adolescentes e a muller. Trata de paliar nas familias as deficiencias presentadas e promover hábitos. Así mesmo, procura a prevención de futuras dificultades e a integración social dous seus membros a nivel profesional, escolar, etc.
5.- Outras accións de animación, prevención e Cooperación Social, accións de convivencia alternativa, información e tramitación de subvencións a fondo perdido para rehabilitación de vivendas no medio rural, etc.
|










