Concello
Servizos
Turismo







![]() | Hoxe | 125 |
![]() | Onte | 220 |
![]() | Esta semana | 125 |
![]() | Este mes | 1381 |
![]() | Sempre | 101541 |
|
PATRIMONIO HISTORÍCO ARTÍSTICOA nivel de patrimonio histórico-artístico os elementos de maior interese turístico e cultural con que nos atopamos no concello de Sandiás son:
Tamén é importante destacar a grande cantidade de elementos de arquitectura popular e tradicional que se conservan no concello como poden selo caso dos numerosos cruceiros, fornos comunais, casas tradicionais palleiras de terróns da Veiga, (Santa Ana, A Lavandeira , O Castro, etc.), etc. Vía Nova Na romanización atravesaba o concello a Vía XVIII ou Vía Nova, unha das vías romanas de máis importancia do noroeste da península que unía as cidades de Bracara (Braga) e Asturica (Astorga), as cidades máis populosas do noroeste da Hispania. Do paso desta vía quédannos os miliarios de Vilariño das Poldras e de Zadagós. O Itinerario de Antonino do século III fai mención da mansión Geminas, parada de postas e hospedaxe, que se situaría no actual Sandiás.
Ademais dos miliarios atopámonos cos restos de canalizacións romanas na área recreativa da lagoa de Antela preto do canal da lagoa. Vía da Prata Este concello estaba atravesado durante Idade Media pola Vía da Prata empregada polos peregrinos do sur de España e os procedentes do Camiño Portugués de Chaves e Vilareal. Hoxe en día despois da revitalización da Vía da Plata en Sandiás situase un dos albergues da vía da prata da variante de Verín.
Dentro do patrimonio histórico-artístico do concello destacan sobre todo os seguintes monumentos: Igrexa de Santo Estevo de Sandiás
Trátase dunha das máis fermosas do renacemento galego. Construída polo mestre de cantería, Bartolomé de Nosendo, antes de 1520. Consta dunha soa nave e presbiterio cuadrangular. Destaca pola súa portada de estilo manuelino, que recorda as igrexas portuguesas de Maravilha, en Santarem, ou a parroquial de Batalha. O Retablo Maior é de grande importancia polo seu significado na arte ourensá do século XVII. Foi realizado no ano 1603 polo entallador Xoán Fernández O Mozo, un pintor descoñecido, e polo escultor Francisco de Moure, un dos mellores artistas galegos do primeiro tercio deste século. Consta de 2 corpos, 3 rúas e un ático. Destacan no primeiro corpo san Pedro e san Paulo e no segundo san Francisco, santo Estevo e san Lourenzo. De grande interese son as pinturas manieristas da parte baixa, nas que destacan as escenas da Anunciación e a Visitación.
Igrexa de Santa María de Couso Igrexa de dúas etapas constructivas, unha románica e outra do século XVII.
Igrexa de San Xoán de Piñeira Igrexa do século XIX
Ermida de San Bieito da Uceira A primitiva ermida foi construída no ano 1766, posteriormente sería reconstruída e ampliada. Dende o adro vense unhas marabillosas paisaxes da Limia Alta. Tódolos luns de Pascua e o segundo domingo de xullo realízase unha romaría dunha gran tradición en toda a Limia.
Torre de Sandiás (Torre do Castro) A súa fundación aparece envolta en varias lendas relacionadas, incluso, con Bernardo do Carpio (século IX). Foi construído sobre un antigo castro, quizais na primeira metade do século XII. Participou nas guerras fronteirizas pola posesión do condado da Limia, entre o monarca Afonso VII de Castela e León e Afonso Henriques de Portugal. No ano 1386 foi asaltado polo duque de Lancaster. Máis tarde é arrasado polos irmandiños, e logo reconstruído. Na guerra hispano-lusitana do século XVIII, foi punto de concentración de tropas. Foi posesión das máis poderosas familias da provincia. Hoxe só queda parte da torre da homenaxe, na que se poden admirar os muros de case 4 metros de grosor. Constaba, ademais de soto, 3 pisos e terraza superior. Ó seu pé pódese admirar unha extraordinaria panorámica da desecada lagoa de Antela e da Limia Alta.
(Ampliar)Pazos
PATRIMONIO NATURAL
As areeiras de Sandiás ( Humedais de S andiás) A explotación de áridos no concello de Sandiás, onde están situadas a practica totalidade das explotacións areeiras da Limia, creou posteriormente pequenas lagoas que, unha vez cesada a extracción, eran abandonadas. Por medio de procesos naturais algunhas destas pequenas lagoas fóronse convertendo en refuxios para a fauna. Mais adiante realizáronse por medio da Consellería de Medio Ambiente actuacións relacionadas ca recuperación das areeiras abandonadas, como a creación de observatorios de fauna en varios puntos das zonas protexidas As charcas da areeiras abandonadas son un refuxio para a fauna que acollen, sobre todo para as aves acuáticas. Estes refuxios teñen gran importancia polo valor faunístico (invertebrados, anfibios, réptiles, aves, mamíferos, ...) e o valor botánico que albergan. |
















