|
O concello de sandiás contara no 2010 cunha conexión de banda ancha grazas a tecnoloxía WIMAX posta en marcha a través do proxecto ARRAIANO. Este proxecto xestionado pola Deputación de Ourense trata de dar solución á fenda dixital existente entre a Galicia rural e Galicia urbana. A empresa Iberbanda foi adxudicataria do contrato de concesión de obra pública para a implantación e explotación dunha rede de banda ancha no marco dos proxectos “Terras do Avia”, “Delorur” e “Arraiano”, financiados mediante axudas Feder para desenvolvemento local e urbano.
No marco destes proxectos, a Deputación de Ourense expón a implantación dunha Rede de Acceso a Banda Ancha, que engloba 51 municipios que comprenden un total de 1.540 núcleos de poboación e en cuxa financiamento participará cunha achega de 2,455 millóns de euros.
Iberbanda desenvolverá un Plan de despregamento de rede que mellora os tempos de implantación e as porcentaxes de cobertura solicitados pola Deputación de Ourense, establecendo este en tres fases:
Fase 1: Cobertura superior ao 37% da poboación ofertada en maio de 2010 (43.152 persoas). Fase 2: Cobertura superior ao 83% da poboación ofertada en xullo de 2010 (95.139 persoas). Fase 3: Cobertura do 100% da poboación ofertada en setembro de 2010 (113.386 persoas).
O despregue no concello de Sandiás esta previsto se inicie a partir do mes de maio de 2010.
A tecnoloxía escollida para a rede de acceso é WiMAX-e, conforme ao estándar IEEE 802.16-2005, na banda licenciada de 3,5 GHz., proporcionando un servizo básico de acceso a Internet de 2 Mbps que se poderá contratar nun pack xunto con telefonía fixa a prezos moi competitivos.
WiMAX-e é a evolución da anterior tecnoloxía WiMAX-d, incorporando funcionalidades de mobilidade e técnicas de diversidade RF e beamforming (utilización de antenas múltiples en terminais e estacións basee). Así mesmo, a banda licenciada de 3,5 GHz proporciona protección fronte a interferencias, menores perdas de propagación que a banda libre de 5 GHz, e ausencia de limitacións á potencia emitida, permitindo despregamentos adecuados para a contorna rural.
En definitiva, estes servizos con prestacións avanzadas dotarán de conectividade a amplas zonas da provincia de Ourense, onde non existe outro tipo de infraestrutura de banda ancha.
|