top

Inicio / Centro de Interpretación da Lagoa de Antela
mod_vvisit_countermod_vvisit_countermod_vvisit_countermod_vvisit_countermod_vvisit_countermod_vvisit_countermod_vvisit_counter
mod_vvisit_counterHoxe128
mod_vvisit_counterOnte220
mod_vvisit_counterEsta semana128
mod_vvisit_counterEste mes1384
mod_vvisit_counterSempre101543

Imprimir

Na comarca da Limia existiu ata fai unhas décadas a lagoa de Antela,unha das lagoas mais importantes da Península Ibérica, tanto pola súa extensión –arredor dos 42 Km cadrados – como pola súa riqueza: arqueolóxica, paisaxística, histórica, toponímica, etc.,  e a súa flora, fauna e folclore característicos. Un índice da súa importancia excepcional eran o miles de aves acuáticas que a utilizaban durante todo o ano. O proxecto de desecación iniciado no ano 1959 polo Instituto Nacional de Colonización provocou a súa destrucción e o emprego dos seus terreos para aproveitamento agrícola.

                                     A lagoa de Antela antes da súa desecación

Acerca dela contábanse infinidade de lendas, entre as mais fermosas esta a da cidade de Antioquía, asolagada en castigo por idolatrar o galo.  E a dos mosquitos cínifes que eran o rei Artús e os seus soldados que estaban enmeigados naquela veiga.

 

 

Casa da Lagoa de Antela

Partindo da lembranza da lagoa de Antela creouse un centro de interpretación da mesma onde se pretenden mostrar os cambios producidos dende a formación da antiga lagoa de Antela, a súa desecación,  ata a actualidade ca recuperación das antigas areeiras, a través de:

 

Evolución histórico-económica.

Evolución no modo de vida, etc

 

 

                             Diversidade de vida nunha charca dunha areeira recuperada.

 

¿Qué é un Centro de Interpretación?

Sons uns centros formados por unha serie de equipamentos ou elementos técnicos dirixidos a ofrecer unha lectura do patrimonio, a comunicalo, a explotalo.

 

¿Qué fin ten?

Dinamizar "in situ" uns recursos naturais, culturais, monumentais, que poden abarcar desde unha reserva natural ata un conxunto histórico ou incluso un territorio.

 

¿Qué técnicas se empregan para a dinamización do patrimonio?

Exposicións permanentes e temporais, maquetas e reproduccións, montaxes audiovisuais, experiencias interactivas, sinalización e paneis informativos, talleres e actividades didácticas, publicacións (folletos...) etc.

 

O percorrido por eses cambios farase a través da integración dos seguintes recursos:

 

            1) A lagoa de Antela.

                        Cambios entre o antes e o despois da desecación:

                        -Modo de vida.

                        -Producción agrícola e gandeira.

                        -Flora e fauna.

                        -Aspectos históricos,…

 

            2) Recuperación das areeiras:

                      Recorrido dende a extracción da area  ata o proceso de recuperación das areeiras  abandonadas.

 

            3) Outros recursos integrables:

                        Lendas e contos sobre a lagoa.

                        Elementos etnográficos.

                       Testemuñas da poboación  local, etc.

 

Para máis información e para concertar a súa visita poden chamar o número:

Concello de Sandiás

Campo de San Nicolás, 2

Tel.: 988 465 001

Ou no enderezo de correo electrónico:

Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo

Plano de situación da Casa da Lagoa en Sandiás:

http://www.tagzania.com/item/74136

 

 

Particularidades:


Prezo: 1 euro. Visita guiada.
Prezo - Grupos de 10 a 20 persoas: 12 euros. Visita guiada.

Prezo - Grupos de 21 a 25 persoas: 18 euros. Visita guiada. 

 
Galego (gl-ES)Español (spanish formal Internacional)

Teleadministración

Novas


bottom
top
                                                                                
                                                      Concello de Sandiás
Campo de San Nicolás, 2 - 32692 (Sandiás - Ourense) Tel.: 988 465 001 - Fax: 988 446 048 

bottom

Feito con Joomla!. Designed by: Free Joomla 1.5 Theme, domain hosting. Valid XHTML and CSS.