Trátase dun albergue que hay que contextualizar no Camiño Mozárabe/Vía da Prata. Forma parte da Rede Pública de Albergues do Camiño de Santiago en Galicia, xestionada pola S.A. Plan Xacobeo que naceu no 1993. O proxecto do Albergue naceu no ano 1998 e rematou a súa construcción no ano 2000. O arquitecto redactor do proxecto e a directora de obra foi Elvira Carregado Pazos. En marzo de 2004 un obradoiro de emprego realizou melloras nos xardíns da contorna do albergue e no ano 2020, no contexto do Xacobeo do 2021, acometeuse un plan de melloras por encargo da Axencia Galega de Turismo presupuestado en torno a 40.000€.
Sitúase o albergue ao pé da Vía da Prata que cruza Sandiás, entrando dende Xinzo de Limia a través das aldeas de Vilariño das Poldras e Couso de Limia.
Toma como modelo xeral a propia rede de hospitais medievais que, dependentes das ordes monásticas, militares, de iniciativa episcopal ou monárquica, atendían dende os primeiros tempos, as necesidades básicas dos peregrinos. A idea do albergue de Sandiás, en concreto, xorde en torno a arquitectura dunha palleira tradicional.
O aspecto exterior do edificio respecta a contorna mantendo o aspecto dunha edificación tradicional pero sen renunciar a criterios de deseño modernos. O paralepípedo queda cortado cun plano dunha ampla viseira en ángulo nas dúas fachadas, exercendo a función de porche e protexendo dos axentes atmosféricos, ademais de outorgar un uso funcional de estacionamento de bicicletas.
Destaca de maneira especial a fachada principal composta por unha orixinal celosía de lamas de madeira de cedro do Brasil e que sirve de peza fundamental para a iluminación do espazo interno.
O edificio consta de dúas plantas e todas as estancias están abertas cara o espazo central a modo de patio planificado como zona de estar. Na planta baixa sitúanse as zonas comúns de estar e de xantar, e baixo a lousa da escaleira sitúase o control de acceso e un dormitorio para minusválidos. Na mesma planta, en torno a un corredor, están os baños, cociña, lavadoiro, almacén e tendedeiro. O acceso á segunda planta faise mediante unha escaleira que da a un corredor aberto e que conduce aos dormitorios da primeira planta e ós aseos.
O albergue dispón de vinte prazas máis dúas para discapacitados, accesibilidade para discapacitados, calefacción central, cociña-comedor sen utensilios, duchas, internet/wifi en zonas comúns, lavadoiro, microondas, salón de estar, tendedeiro de roupa, aparcamento de bicicletas e colchonetas auxiliares.