A biblioteca do Concello ofrece os seguintes servizos:
A biblioteca de Sandiás pon a disposición dos seus usuarios unha ampla colección de libros, materiais audiovisuais, revistas, diarios oficiais e xornais que poden ser consultados libremente. Tamén contamos con anuarios, dicionarios, enciclopedias, manuais básicos e obras que, polo seu interese ou gran demanda por parte do público, a biblioteca decidiu excluír do préstamo.
Para acceder á sala e consultar os fondos non fai falta carné de lector.
O préstamo é libre e gratuíto pero para poder utilizar o servizo é necesario ter carné de lector, que só poderá ser utilizado polo titular do mesmo.
Para efectuar a devolución dos materiais prestados é necesario mostrar o carné de socio ou no caso de non ser o titular o que fai a devolución, debe indicar o número de carné de socio ou apelidos do titular do préstamo.
Mediante o programa de “internet nas Bibliotecas”, instalouse na biblioteca do concello un telecentro de acceso público e gratuíto para posibilitar o acceso a internet polos veciños/as.
Este centro de acceso conta con dous terminais de acceso(dous ordenadores) e os correspondentes periféricos (impresoras, escáneres, etc) para o acceso a Internet con banda ancha (ADSL).
Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.