A aldea de Couso, Vilariño e a de Piñeira no Concello de Sandiás ocultan os colectores de lixo e melloran as beirarrúas

Algúns colectores de lixo da aldea de Couso de Limia e de Vilariño das Poldras estrean estes días un novo sistema de ocultación. Están cubertos por estruturas de madeira dentro dun proxecto posto en marcha polo para corrixir de xeito progresivo o feísmo visual que ofrece en determinado lugares a presenza dos depósitos de lixo. Así mesmo, ao estar estes depósitos de recollida selectiva de residuos sólidos urbanos protexidos ofrecen unha maior seguridade viaria, xa que en momentos de temporal resulta máis fácil a súa ancoraxe e evitan que poidan desprazarse e invadir o viario público, especialmente en zonas de pouca visibilidade. Agárdase poder ampliar esta medida a outras illas de contedores situados noutros núcleos  que supoñan un maior impacto visual e máis risco para a seguridade viaria en relación co paso do Camiño de Santiago.

Por outra banda, as accións do obradoiro desenvolvéronse tamén na aldea de Piñeira de Arcos coa mellora da beirarrúa e a longa varanda situada na estrada nacional 525 ao carón do río Piñeira. As intervencións concretas consistiron en remplazar as baldosas, sustituir, endereitar e pintar os tramos de varanda moi deteriorados co tempo.

Xinzo e Sandiás uniron as súas forzas para solicitar á Consellería de Emprego e Igualdade unha subvención para a posta en marcha da iniciativa e crear unha agrupación para a xestión compartida do programa de emprego e formación con 16 alumnas traballadoras durante un período de tempo de nove meses. Despois das clases teóricas, as participantes do Obradoiro de Emprego Vía da Prata están a demostrar todo o aprendido nestas actuacións que pretenden revalorizar o Camiño Mozárabe-Sanabrés ao seu paso polas dúas localidades.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?