Listaxe definitiva de Admitidos e excluídos, puntuación definitiva entrevista e puntuación provisional meritos. aquí.
Consulta LISTAXE DE ASPIRANTES ADMITIDOS/AS NO PROCESO DE SELECCIÓN PARA ALUMNOS- TRABALLADORES DO OBRADOIRO DE EMPREGO aquí.
Consulta LISTAXE DE ASPIRANTES ADMITIDOS/AS NO PROCESO DE SELECCIÓN PARA DIRECTOR/A, ADMINISTRATIVO/A E DOCENTE DO OBRADOIRO DE EMPREGO aquí.
Despois de aprobar en Xunta de Goberno a solicitude de subvención á Consellería de Emprego e Igualdade, para a realización dun Obradoiro de Emprego denominado “Obradoiro de Emprego na Vía da Prata”, cunha duración de 9 meses e de 16 alumnos traballadores, e coa realización de diferentes módulos -albanelería, xardíns e zonas verdes- e tamén aprobando que a solicitude sexa conxunta co Concello de Xinzo de Limia– sendo o Concello de Xinzo de Limia o encargado da súa presentación, tramitación e xustificación en caso de concesión- o Concello de Sandiás recibiu a noticia de que dita solicitude de obradoiro dual foi concedida.
As persoas desempregadas que participan neste programa de emprego poden acceder durante 9 meses a unha formación de calidade obtendo un certificado e a posibilidade de acceder a un contrato de traballo. Rematado o obradoiro tamén poder traballar nunha empresa durante 3 meses a xornada completa.
Este obradoiro dual ten tres finalidades básicas: desenvolver accións de mellora en espazos públicos, facilitar o acceso ao emprego nos concellos e prestar servizos de interese comunitario e social.
Neste caso concreto deuse preferencia ao programa que inclúe a conservación, reforma e posta en valor das rutas de peregrinación. No caso de Xinzo e Sandiás, a Vía da Prata ou Camiño Mozárabe.LISTAXE DE ASPIRANTES ADMITIDOS/AS NO PROCESO DE SELECCIÓNPARA DIRECTOR/A, ADMINISTRATIVO/A E DOCENTE DO OBRADOIRO DE EMPREGO