Ensinos antigos e novas formas de aprender en relación coa hiperactividade infantil e a capacidade de cambiar o mundo

O venres 15 de xullo pola tardiña, desfrutamos no Polideportivo de Sandiás da obra de teatro infantil-familiar “A Historia de Martín”. Preto de 30 veciños disfrutaron da representación teatral e dos contacontos. Graciñas pola participación dos maiores e dos cativos.

Magnífico espectáculo de teatro a cargo da compañía Animar-T. Neste contacontos tratouse da hiperactividade infantil e das formas de ensino antigas, deixando paso ás novas formas de aprendizaxe do futuro: o ciberespazo. Tamén transmitiron con moita didáctica a capacidade que temos de cambiar o mundo a través dos valores humáns das persoas levados a práctica do día a día. E, por suposto, repasando inglés, matemáticas, historia, etc.

Tres “armas infalibles” utilizaron os artistas para transmitir as súas ideas: o humor, o teatro musical e, especialmente, a interacción con cativos. Un espectáculo completo e atractivo para os nenos e que tamén engancha aos maiores.

En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?