Excursión a Portugal – Alto Douro Vinhateiro

O sábado 5 de agosto realizaremos unha excursión ao Alto Douro Vinhateiro, en Portugal. A xornada consistirá en:

  • Visitar a cidade de Vilareal.
  • Visitar a cidade de Lamego.
  • Subir ao Santuario da Virxe dos Remedios.
  • Visitar unha bodega con degustación de viños.

A saída é as 08:00, dende o punto de encontro que é a Casa do Concello de Sandiás.

O prezo por persoa é de 54 euros. O prezo inclúe autocar, comida no restaurante, visita á bodega, guía acompañante e seguro de viaxe. 

Para inscricións e pago, acudir ao Concello. O prazo límite é o venres 28 de xullo. O rexistro será por rigurosa orde de entrada de cada inscrito. Terán preferencia os empadroados no Concello. 

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.