II EXPOSICIÓN DE PINTURA, MANUALIDADES E RESTAURACIÓN EN SANDIÁS

O Acto de Inauguración da II Exposición de Pintura, Manualidades e Restauración onde participan veciños e veciñas do Concello terá lugar o venres 19 de agosto ás 20:00 na Sala de Exposicións da Casa de Cultura de Sandiás.

Non faltes!

No marco do Outono, Inverno e Verán Culturais, o Concello de Sandiás puxo en marcha a actividade Obradoiro de Pintura, Restauración e Manualidades, dentro do Programa Mantente Activo, que se desenvolveu na Casa de Cultura ao longo do ano 2022 coordinado por Manola Traveso.

Froito dos traballos do obradoiro, inaugúrase a II Exposición de Pintura, Manualidades e Restauración na Casa de Cultura do Concello de Sandiás. Trátase dunha mostra composta de preto de trinta cadros de pintura ao óleo con temáticas referidas a paisaxes, bodegóns, flores, mariñas, motivos infantís; preto de oito pezas de manualidades como xarróns e preto de dez pezas de restauración como muíños, ferros antigos, cadeiras, palanganeras, elaborados todos durante este último ano.

En definitiva, unha magnífica mostra de preto de cincuenta pezas que pon de manifesto o potencial artístico creativo de veciños e veciñas para educar e gozar coa mirada.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.