III Xornadas Micolóxicas: roteiro guiado pola Asociación Micolóxica “Os Cogordos” (Ourense)

Xa estamos no outono! Estades preparados e preparadas? Tras estes días de choiva, comezaremos a ter cogomelos nos nosos montes. Sabedes diferenciar entre un fungo e un cogomelo? Sodes quen de atopalos e identificalos? Animádesvos a collelos, coñecelos e comelos?

O Concello de Sandiás organiza grazas á Asociación Micolóxica “Os Cogordos” un roteiro guiado o día 13 de novembro.

  • Destinatarios: veciños e veciñas do Concello de Sandiás
  • Cando terá lugar? 13 de novembro, sábado, ás 09:00.
  • Lugar de encontro: Na Casa do Concello
  • Cal é o prezo? Gratuito
  • Prazo de inscrición: ata o 10 de novembro no teléfono do concello (Tlf: 988 465 001) ou no formulario online.
  • Outras observacións:
    • Recoméndase traer roupa e calzado impermeable, navalla, cesto, aperitivo e bebida.
    • Protocolo sanitario: desinfección, distancia social e mascarilla en lugares pechados.
Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.