Nais e pais da AMPA do CEIP Rosalía de Castro visitan con seus fillos o Centro de Interpretación da Lagoa de Antela e a exposición didáctica itinerante sobre as cegoñas

Viñan de recorrer Aquís Querquennis, a área recreativa de Porto Quintela, a Torre da Forxa e a fervenza do Fírbeda e chegaron cansos pero emocionados a Sandiás para visitar o Centro de Interpretación da Lagoa de Antela e investigar sobre a vida das Cegoñas a través dunha exposición itinerante. Tivemos o pracer de recibir a visita da AMPA do Ceip Rosalía de Castro (Xinzo de Limia). Acudiron preto de medio centenar de participantes, 19 membros adultos e 25 nenos e nenas, os seus fillos.

Visitaron en dous grupos a “Casa da Lagoa” e a exposición en dous turnos.

Visita ao Centro de Interpretación da Lagoa de Antela

A asociación Amigas das Cegoñas, colaborou con esta actividade promovida pola AMPA coordinando a visita ao Centro de Interpretación da Lagoa de Antela, contando para esta ocasión coa participación do experto en historia e guía experimentado Alex de los Ríos. Descubriron a Casa da Lagoa e a historia, lendas, flora, fauna, recursos económicos perdidos da primixenia Antela. Todo iso a través da exposición con pezas históricas, etnográficas, fotografías antigas, vídeos, paneis interactivos e contos e lendas da Lagoa.

Na planta de arriba gozaron vendo a flora e a fauna e a flora e tamén moito cos xogos interactivos sobre os cantos dos páxaros e o xogo da ra.

Exposición itinerante “Nosas Amigas as Cegoñas”

No local social do Concello de Sandiás, Ecoloxistas en Acción Ourense, acompañaron a Amigas das Cegoñas para presentar a exposición itinerante “Nosas Amigas as Cegoñas”, divulgar e achegar a Cegoña branca (Ciconia ciconia) a pequenos e maiores con charla divulgativa, educación medioambiental, xogos, debuxos simulacións dos seus cantos e outras variadas actividades de entretemento guiadas pola bióloga Maria Docampo, que tamén lles falou sobre outras especies de aves que podemos observar nas Areeiras de Sandiás.

Grazas pola visita a Casa da Lagoa. Todos gozamos moito e esperamos que volvades de novo a completar o que quedou pendente: a saída ao campo a observar aves.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?