Niño de velutinas eliminado en As Pegas

Niños de velutinas eliminados en As Pegas, Concello de Sandiás. Encargáronse do traballo Alex e Dani, membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil.

O niño das fotografías era un niño de risco xa que  foi retirado  de dentro  do perímetro dunha vivenda situada no pobo de As Pegas. Segundo os voluntarios que  desenvolveron o traballo  era un niño dos máis grandes que tiñan retirado, aínda tiña moita  actividade e crías por nacer e cun diámetro de aproximadamente 40 cm.

Ao parecer, segundo os especialistas da agrupación é moi importante dar coas raíñas porque estas xeran para o vindeiro ano  centos delas, o que implicaría centos de niños e hai que frear a expansión.

LEMBRADE: VIXILANCIA E CONTROL FRONTE A VESPA VELUTINA

Informar niño de Velutina.

#ParaSaberMáis: https://cutt.ly/2yAqG2q

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.