Por un Concello sen lixo. Un Sandiás máis limpo é cousa de todos

O Concello convoca aos veciños e veciñas a unha recollida colaborativa mantendo un Sandiás limpo e tamén tomando conciencia ecolóxica de que temos que coidar ou medio non que vivimos a diario. Para inscrición, chamar ao teléfono do concello 988 46 50 01.

O Concello de Sandiás presenta unha nova campaña de concienciación que complementa a que leva celebrando durante tres anos coincidindo co Día do Medio Ambiente (5 de xunio). A campaña consiste en levar a cabo unha acción concreta unha vez ao mes recollendo o lixo mentras camiñamos. Cada mes márcase un itinerario de recollida. A intención é pasar revista os pouquiños a todas as aldeas do Concello. O Kit de limpeza corre a cargo do concello.

Cómpre mentalizarnos que temos que utilizar as papeleiras, conservar o patrimonio sen pintadas, non tirar as cabichas e papeis non chan, evitar deixar plásticos, paquetes de tabaco nos valados e nas estradas e especialmente evitar vertedoiros nos nosos montes. Desta maneira, con pequenas accións, reduciremos a contaminación do ecosistema, das correntes de auga, evitaranse riscos para os animais cos cristais rotos e a contaminación ao inxerir plásticos e tamén mellorará a estética e o benestar dos que vivimos nas distintas aldeas.

Para continuar o camiño cara a unha concienciación social lembramos o punto limpo móbil da Deputación que fai retirada de residuos a domicilio e que precisa dunha simple chamada ao concello (988 46 50 01) e dos puntos limpos da Comarca da Limia (Xinzo de Limia, mércores e xoves entre 17:00 h e 19:00 h e sábado 10:00-14:00; Vilar de Santos, mércores de 10:00-14:00 e Calvos de Randín, xoves de 10:00-14:00, para que ninguén do concello teña descoñecemento destes servizos e faga uso deles.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?