Sandiás, polo camiño da igualdade: ser igual sen ser idéntico

Grazas a Roberto Otero de Iria Prol Studio.

Xa está concluída unha das primeiras actividades do programa «Verán-Outono Cultural Sandiás, 2021”. Aínda que se avanzase moito, a día de hoxe seguen moi presentes os roles que a sociedade asigna tradicionalmente á muller e ao home. O tempo pasa e a distancia entre a “igualdade formal” e a “igualdade real» segue sen alcanzarse.

O mural quere expresar esta conquista maís aló dunha loita entre o home e a muller. Quere exprésalo coa metáfora da “enarmonía”: ser igual sen ser idéntico. Igualar sen identificar. Liberar sen descriminar. Nel móstranse unha figura humana feminina e masculina, relaxadas, sen tensión, transmitindo paz nos trazados ondulados das súas siluetas e envoltas polas palabras “compañeiro” e “compañeira”, por pequenas e grandes estrelas, planetas e plantas que conforman un fondo de paisaxe que evoca o paraíso primixenio e a contemplación da grandiosidade do universo do que forman parte.

En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?