O venres, 10 de setembro, tivemos na Casa da Cultura en Sandiás a charla da asistente social de FEGADACE, Carla Miranda. Foi unha charla didáctica, sinxela e moi clara e práctica.
Nela pretendíase darlle visibilidade e sensibilizar a poboación ante o dano cerebral e o ictus, episodios, por desgraza, cada vez máis frecuentes na nosa vida cotiá a calquera idade. Tamén se presentaron recursos concretos os que podemos acudir.
Grazas ao público asistente.