A Volta Ciclista a España 2020 no seu paso por Vilariño das Poldras

O xoves día 5 de novembro a décimo quinta etapa da volta percorrerá a maior parte do seu traxecto dentro da provincia de Ourense. Trátase dunha etapa de media montaña con 230,8 km, que dentro da provincia de Ourense percorre os concellos de Padrenda, Quintela de Leirado, Verea, Celanova, A Bola, Rairíz de Veiga, Vilar de Santos,  Xinzo de Limia, Trasmiras, Cualedro, Monterrei, Verín, Vilardevós, Riós, A Gudiña, A Mezquita e Sandiás. En concreto, no que atinxe ao concello de Sandiás, a volta pasará pola carretera de Celanova percorrendo o tramo en Vilariño das Poldras e Xinzo de Limia.

Cento cincuenta efectivos de Protección Civil velarán polo cumprimento do plan de seguridade establecido pola organización. Con motivo da situación sanitaria provocada pola Covid-19, recoméndase á veciñanza que para salvaguardar a saúde, manteñan a distancia de seguridade, o uso da mascariña e evitar aglomeracións.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.