Unha primeira subvención directa vai destinada ao servizo de atención temperá no CEIP de Sandiás por unha cantidade de 3200 €.
Neste sentido, o Concello continúa coa súa política social destinada a favorecer o máis posible a conciliación da vida familiar e laboral das familias dos alumnos.
Unha segunda subvención para o curso 2022-2023 vai destinada a unha axuda ás familias para a compra de libros de texto para os nenos e nenas do CEIP de Sandiás. A contía desta subvención é de 2000€. Esta axuda sitúase no contexto de favorecer medidas urxentes no ámbito socio-económico para facer fronte ás consecuencias da covid-19, entre outras.
Estas axudas sitúanse no contexto de aprobación do orzamento do Concello para o exercicio 2022, cunhas contas que ascenden a 1046197,97€.