De pelexas polos marcos. memoria oral con humor como ferramental de cohesión social

o grupo de teatro as barrallocas de rairiz de veiga representa “os marcos” en Sandiás

De pelexas polos marcos. memoria oral con humor como ferramental de cohesión social

o grupo de teatro as barallocas de rairiz de veiga representa “os marcos” en Sandiás

Grazas aos preto de 80 veciños, veciñas e persoas da comarca que se achegaron o pasado sábado 24 de Marzo ás 20.00 h ao Salón de Actos da Casa de Cultura de Sandiás para ver a obra “Os Marcos», unha produción do Grupo de Teatro aficionados As Barallocas de Rairiz de Veiga. A obra, que se enmarca dentro do programa cultural de actividades do concello, busca achegar ao público unha visión humorística e satírica da vida nas aldeas galegas. As teimas do argumento da obra de teatro sobre a disputa polos lindes ou marcos para gañar terreo o veciño son un reflexo da importancia da propiedade da terra na cultura rural tradicional, onde os conflitos veciñais por uns centímetros de terreo eran comúns. As falas coloquiais (“eu toco pero non movo”, “veña pa riba e veña pa baixo que xa che chaman o Apián”, “sempres fuches un remexido”, “non che será moito home para a boca que tes?, “ que veña a garda civil e o exército”, “ferrancha, que o demo te leve; o teu pai o Pardau xa non che tiña voa pinta”…,  adoitaron ter un ton irónico, de queixa ou de advertencia.

Tratouse dunha trama de veciñanza. «Os Marcos» centrouse nos clásicos e, ás veces, intensos e tráxicos conflitos veciñais provocados polos límites das leiras (os marcos). A obra provocou risas e identificación por parte do público coas situacións costumistas, onde os malentendidos e a picaresca son os protagonistas. A obra que abordou historias locais cun enfoque emotivo e humorístico buscou claramente que os espectadores reflexionaran sobre a súa identidade e as raíces, loitando contra a desmemoria, especialmente no rural e puxo en valor a memoria oral como ferramenta de cohesión social.

Coñecidos pola súa traxectoria na dinamización cultural na comarca da Limia, o grupo de Teatro As Barallocas que xa triunfaron en varios concellos volveron a carga en Sandiás cunha peza que combinou a tradición oral e o teatro de comedia. A función, con entrada gratuíta, estivo dirixida a todo tipo de público, ofrecendo unha tarde de lecer e teatro local de calidade e culminando o acto cuns petiscos e intercambio comunitario no Local Social do Concello. Maxistral dirección do Manolo e magnífica interpretación das actrices e actores. Longa vida “As Barallocas”.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.