O xoves viñemos convidados polo Centro Dramático Galego para ver a adaptación ao teatro da novela de Xosé Neira Vilas “Memorias dun Neno Labrego”.
O Centro Dramático Galego convidounos a ver a obra ” Memorias dun Neno Labrego” baseada no libro de Xosé Neira Vilas e dirixida por Cándido Pazó.
Ao Concello de Sandiás concedéronlle 1O entradas a 5€ e a viaxe de balde.
Compartimos autobús coa xente do Concello de Allariz e Amoeiro, un pracer de compañía!
Coincidimos no moito que nos gustou a obra dende o principio ao final. Inmellorable a posta en escena do gran elenco de actrices e actores. Se tedes oportunidade non deixedes de vela!
Animádevos sempre a disfrutar do teatro!