Concluíron todas as actuacións de mellora nesta parcela, que tiveron por obxecto renovar unha área recreativa adaptada as necesidades dos veciños e veciñas de diferentes idades. O orzamento de execución foi de 24.145,55 euros que aportou a Red Natura e o propio Concello de Sandias. A área recreativa quedou conformada por tres espazos diferentes: unha primeira zona de mesas adaptada a diversos usos; unha segunda zona que conterá unha fonte máis un espazo añadido destinado a actividades para adultos con elementos biosaludables e, por último, a terceira zona estará adicada a zona de xogos infantís.
Este tipo de actuacións forman parte dun proxecto do equipo de goberno por crear e conservar de xeito progresivo este tipo de recursos e infraestruturas recreativas nas diferentes aldeas do concello coa finalidade de fomentar espazos ao aire libre para xantar merendar e descansar, diversas zonas de xogo para os meniños e meniñas, e instrumentos para o exercicio físico biosaudable para todos os veciños e veciñas, especialmente os máis maiores.