Acto de graduación, entrega de diplomas e agasallos do Punto de Atención Infantil (PAI) de Sandiás 2024

Aquí tedes o álbum de fotos da festa do pasado luns 1 de xullo pola tarde en Sandiás. Cerimonia de graduación da Promoción 2021-2024 no Punto de Atención á Infancia (PAI) de Sandiás. Emotivo e bonito día de graduación para os nenos e nenas que finalizaron a súa etapa no PAI, con desfile infantil, contacontos, entrega de traballos e premios, entrega de estolas e diplomas aos graduados polo Alcalde Felipe Traveso e agradecementos dos pais e nais aos educadores. Todo coa atenta e entusiasta mirada das familias e educadores.

Destacou tamén o vídeo que resumiu as aprendizaxes, sentimentos e emocións deses anos que provocaron emocións moi sentidas de Cristina, Coordinadora do PAI e no Equipo Educativo que a acompaña na tarefa educativa diaria. Concluíu o acto cunha gran festa con música, moitas risas, revolcóns nos inchables e unha magnífica merenda. De momento, vacacións merecidas.

Á volta, comezar outra aventura.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.