Alfabetización dixital no rural de Sandiás

O Concello de Sandiás impartirá proximamente un curso gratuito aos veciños e veciñas que non se desenvolvan con soltura cos aparellos que xa forman parte do noso día a día: as novas tecnoloxías.

Esta actividade lévase a cabo coa colaboración do Centro de Desenvolvemento Rural (CDR O Viso) e ten como obxectivo obter habilidades dixitais para navegar con seguridade e confianza pola rede.

En concreto, este curso está centrado no uso do teléfono móbil e as utilidades diarias. Estas nocións básicas impartiranse nos propios dispositivos, polo que será necesario que cada quen acuda co seu. Si non se dispón de móvil, proporcionaraos a organización do curso.

Todos os interesados deberán anotarse -canto antes- na Casa do Concello (Tlf: 988 465 001) ou cubrindo formulario online que está habilitado nesta mesma páxina. 

  • Destinatarios: veciños e veciñas empadroados no Concello de Sandiás.
  • Obxectivos: coñece e aprender a manexar dun xeito práctico internet e o teléfono móvil. Aprender boas prácticas e desbotar malos hábitos.
  • Cal é o horario? Martes, 9 de novembro de 05:00 h ata 06:30 h (os horarios definitivos faránse cos participantes en función do aforo e do número de persoas inscritas).
  • Onde terá lugar? Na Biblioteca Municipal (Casa do Concello).
  • Cal é o prezo? Gratuito.
  • Prazo de inscrición: ata o 5 de novembro.

Exemplos de contido:  

  • Enviar e recibir mensaxes en WhatsApp, activar wi-fi, facer contactos.
  • Pedir unha cita sanitaria.
  • Uso do correo electrónico.
  • Crear un Facebook, escribir mensaxes e subir fotografías.
  • Bulos e desinformación en Internet, navegar por Internet con seguridade.
  • Aplicacións de Google.
  • Navegando pola páxina web do Concello (seccións, administración electrónica, consulta de actas plenos, enviar queixas…).
  • Sacar unha vida laboral, pedir permiso de queima.
  • Outras necesidades prácticas dos inscritos no curso.
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?