As mulleres nas letras, dende Rosalía ata as cantareiras: narración oral, música e novas tecnoloxías no PAI e no CEIP de Sandiás

O martes 20 de maio ás 10.30 h no Punto de Atención Infantil de Sandiás e ás 12.30 no CEIP de Sandiás os nenos e nenas disfrutaron dun espectáculo multidisciplinar de pequeno formato que combinou narración oral, música, obxectos e novas tecnoloxías cunha boa didáctica coa finalidade de exaltar a herdanza de todas as mulleres homenaxeadas nas Letras Galegas, facendo especial fincapé nas cantareiras e o cancioneiro popular.

Tanto no PAI como na etapa infantil do CEIP de Sandiás os cativos desfrutaron con pandeiros enormes tocando a ritmo das cancións tradicionais galegas: A saia da Carolina e O Galo canta, entre outras.

Iniciouse a homenaxe con Rosalía de Castro. Os seus versos, cheos de emoción e reflexión continúan a emocionar e inspirar a aquelas persoas que aman a lingua galega e a súa rica tradición literaria.  Francisca Herrera Garrido abriu camiño para as mulleres na literatura. Ao ser a primeira en recibir este recoñecemento despois de Rosalía, demostrou que a súa voz era digna de ocupar un lugar destacado na rica historia literaria de Galicia. María Mariño, cunha conexión íntima coa terra e o mar galegos, deixou unha pegada única na nosa literatura pola súa capacidade para retratar a beleza e a dureza da nosa paisaxe.  Lembrouse tamén a María Victoria Moreno, unha narradora infatigable. Xela Arias, coa súa poesía revolucionaria e comprometida, logrou liberar a palabra galega e situar a lingua no corazón. Luísa Villalta, coa súa paixón polo teatro e a poesía, entre outras.

Finalmente, as Cantarareiras. Mulleres que deixaron unha pegada imborrable na literatura, na música e no teatro galegos e que destacaron pola súa creatividade, compromiso e contribución á nosa cultura. Foron creadoras e transmisoras de arte e beleza malia a vida difícil que lles tocou vivir. Unha tradición centenaria que segue a deixar pegada nas novas xeracións.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?