Deixámosvos aqui un álbum de fotos da VII Semana Micolóxica. Xa estamos no outono!. Estades preparad@s? Tras estes días de choiva, comezaremos a ter cogomelos nos nosos montes. ¿Sodes quen de atopalos e identificalos?. Animádesvos a collelos, coñecelos e comelos?. Así desafiaba o concello de Sandiás a súa veciñanza para invitalos as VII Xornadas Micolóxicas do 15 de Novembro, un roteiro guiado pola Asociación Micolóxica “Os Cogordos (Ourense) pola carreira da Quelle en Cerredelo, os montes de Sandiás e a corredoira da Nogueira ata chegar a Piñeira de Arriba.
Os destinatarios foron os veci@ños que estiveron convocados ao carón da Casa do Concello ás 9.00 horas do Sábado 15 de Novembro. Grazas aos 17 veciñ@s que acudiron a cita a pesar do mal tempo pertrechados de roupa e calzado apropiado, navalla, cesto e aperitivo e aos que por diversas circunstancias non puideron asistir e teñen asistido todos estes anos pasados. Houbo un pouco de todo: boa compaña, fatigas, disfrutar do bo tempo e alegría por cada encontro das preciadas setas, que por momentos, ofreceron sorpresas inesperadas.
O encontro desenvolveuse ao longo de toda a mañá e parte da tarde. Pola mañá saíron ao monte a recollida. A continuación seguiu a limpeza e preparación e cociñado dos cogomelos. Por último, no monte e no local social de Sandiás coa expléndida e experimentada asesoría didáctica de Xosé Luis, da Asociación “Os Cogordos” tivemos un expontáneo faladoiro sobre a identificación dos cogomelos e as súas características, perigos de intoxicación etc. Tamén puidemos disfrutar de expléndidos elementos etnográficos como muros simples e dobres de pedra a xunta seca, especialmente nas corredoiras da aldea de Cerredelo.