Deixámosvos aquí un álbum de fotos da IV Semana Micolóxica. Xa estamos no outono! Estades preparad@s? Tras estes días de choiva, comezaremos a ter cogomelos nos nosos montes. Sodes quen de atopalos e identificalos? Animádesvos a collelos, coñecelos e comelos? Así desafiaba o Concello de Sandiás a súa veciñanza para invitalos as IV Xornadas Micolóxicas do 12 de Novembro, un roteiro guiado pola Asociación Micolóxica “Os Cogordos» (Ourense).
Os destinatarios foron @s veciñ@s que estiveron convocados ao carón da Casa do Concello ás 9.00 horas do Sábado 12 de Novembro. Grazas aos 18 veciños e veciñas, que acudiron a cita equipados con roupa e calzado impermeable, navalla, cesto e aperitivo; e aos que por circunstancias non puideron asistir. Houbo un pouco de todo: boa compaña, fatigas, disfrutar do bo tempo e alegría por cada encontro das preciadas setas, que por momentos, ofreceron sorpresas inesperadas.
O encontro desenvolveuse ao longo de todo o día. Pola mañá saímos ao monte a recollida. A continuación, seguiu a limpeza, preparación e cociñado dos cogomelos. Por último, coa experimentada e maravillosa asesoría didáctica de Xosé Luis, da Asociación “Os Cogordos” tivemos un espontáneo faladoiro dunha hora sobre a identificación dos cogomelos e as súas características.