Este ano 2024 continuamos coa coordinación colaborando as tres comunidades parroquiais e o Concello de Sandiás, dado o éxito das campañas dos anos pasados. Os puntos de recollida veñen indicados no cartaz cos lugares, responsables e horas.
Aporta o teu pequeno gran de area para que entre todos logremos unha montaña de alimentos que permita un Bo Nadal en tódolos fogares que o necesitan.