Cine de verán en Sandiás. Da dor á esperanza: o poder das rondallas e da comunidade veciñal

 
O Concello de Sandiás organiza este sábado, 18 de xullo, unha nova sesión de cine de verán coa proxección da película Rondallas, unha comedia dramática, nunha actividade aberta ao público que terá lugar ao carón da Casa de Cultura, ás 21.00 h. A iniciativa enmárcase na programación cultural e busca achegar o cinema a todos os públicos.
 
Dirixida por Daniel Sánchez Arévalo e protagonizada por un elenco de recoñecidos actores galegos como María Vázquez, Javier Gutiérrez e Tamar Novas, Rondallas arranca na Guarda dous anos despois do tráxico naufraxio dun barco pesqueiro. Os habitantes da vila deciden que xa é hora de recuperar a ilusión e deixar o loito atrás. Para iso volven unirse para poñer en marcha a rondalla, unha agrupación musical tradicional na que participan desde nenos ata persoas maiores, coa intención de competir nun concurso contra os pobos veciños e, sobre todo, de empezar a mirar cara adiante de novo.
 
Rodada en varias localidades da provincia de Pontevedra, como A Guarda, Tui, Baiona, Oia e Vigo, a película pon en valor a cultura das rondallas galegas e ofrece unha historia sobre a comunidade, o duelo e a tradición, cun marcado compoñente emocional e musical.
 
📅 Día: Sábado, 18 de xullo
🕘 Hora: 21.00 h
📍 Lugar: Ao carón da Casa de Cultura de Sandiás
 
Unha proposta cultural aberta a toda a veciñanza para gozar do mellor cinema polo verán
Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.