Cristovo, Censor de Monstros: a coca, o lobishome, o meco, a maruxaina e a carballeira de San Fiz

Cristovo e os  seus  compañeiros  fixeron  unha interpretación  maxistral  moi divertida e da que gozaron  moito  as 25  persoas  ás que lles agradecemos a participación tan activa como público. Concretamente, Cristovo desenvolveu un  traballo  moi especial,  fixo de “censor de  monstros”.  Levaba consigo un caderno onde apuntaba todos os monstros de Galicia.

Pouco a  pouco  descubrimos os seres fantásticos que habitan nas diferentes provincias  galegas.  Cristovo  comenzou a censar  na ría de Vigo, a Coca de Redondela,  moi  faladeira ela. De Redondela, simulando con todo o público  as curvas, os túneles,  as subidas e  as  baixadas,  chegamos en coche a visitar Verín e así poder censar O Meco.

No camiño á Mariña Lucense,  atopámonos co  Lobishome de Bilbao que estaba a buscar os seus parentes e dándolle unhas palmadas fíxolle dano nas costas a Cristovo.

En Lugo,  Cristovo  censou  A  Maruxaina, que ten cola de peixe e din dela que entretén aos barcos para que se estrelen contra as rochas da costa, aínda que iso non é exactamente así. A Maruxaina  cántalles para que os barcos vexan  as  rochas e se aparten delas. Coa Maruñaina os  nenos e nenas repasaron as notas musicais.

Por último, o coche de  Cristovo parou na  Carballeira de San Fiz,  na provincia de A Coruña.  Unha zona chea de carballos pero un  deles moi especial  xa que é  milagroso.  Cristovo, dando noves voltas ao redor del e tendo coidado en non romperlle as ramas, curouse da dor de costas.

En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?