Elvira Quintas Vázquez xubílase tras 12 anos no Centro de Saúde de Sandiás

Natural de Allariz, a enfermeira Elvira Quintas Vázquez empezou a traballar no SERGAS no ano 1979. En torno ao mes de maio do 2011 comezou a traballar no Centro de Saúde de Sandiás procedente da área de reanimación do CHOU. Xubilouse o 28 de marzo de 2023.

Cando un traballo se fai por vocación é menos traballo e iso é o que se demostra tamén cando desfrutas da túa labor e telo que facer de fronte o público. Así o fixo Elvira no día a día en Sandiás. A pesar da etapa da COVID que foi dura para todos, e en gran medida para os sanitarios, Elvira colga a bata quedándose só con moitos e bos momentos. Agora tócalle descansar e desfrutar da vida.

Ata este momento, despois dunha longa traxectoria, ela cuidou dos demais e agora toca coidarse e consentirse a ela mesma. E nós coa súa testemuña quedámonos coa máxima de que un traballo é menos traballo se fas ou que che gusta.

A corporación do Concello de Sandiás agradécelle os seus longos anos de traballo realizado con mimo e competencia e deséxalle o mellor na súa nova etapa da súa vida persoal.

Feliz xubilación, Elvira!

En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?