Ao longo do mes de maio leváronse a cabo obras varias na aldea de Couso de Limia e Cerredelo (Concello de Sandiás), cun orzamento total de 48.000 euros do Plan Provincial de Cooperación, Obras e Servizos Municipais e da rede viaria provincial para o exercicio 2023.
Por unha banda realizáronse melloras da pavimentación na Rúa do Barreal levantando o firme, enchendo e compactando as fochancas existentes, picando as cotas de firme máis altas e nivelouse o terreo. Por último realizouse en planos unha soleira de formigón impreso con xuntas de dilatación e no resto do camiño aplicouse unha dobre capa de slurry.
Outra mellora afecta os accesos á pista polideportiva en O Couso. Picouse o pavimento existente, escavouse a rampla de acceso e realizouse novo hormigonado. Levantouse un novo muro de formigón armado, colocouse na cuneta unha tubaxe de formigón centrifugado e finalmente realizouse unha soleira de formigón.
Por último acondicionouse un Parque Infantil na aldea de Cerredelo. Nivelouse o terreo existente retirando a capa vexetal e instaláronse 3 xogos infantís (un tobogán metálico, unha randeira de tres prazas e un balancín metálico de peirao dobre). A maiores instaláronse tres aparatos biosaludables para que os maiores poidan facer exercicios físicos. Os traballos incluíron a súa ancoraxe ao terreo cunha base de formigón.
A empresa adxudicataria que levou a cabo as tres obras foi EXPLOTACIÓNS MEDIOAMBIENTAIS S.L.