Necesitamos unha memoria histórica para a desaparición da natureza: a intervención da fotografía das areeiras de Sandiás pola artista británica Lotta Ellis

A cesión ao Centro de Interpretación da Lagoa de Antela da fotografía dos Cadernos da Limia, Interxeccións, intervida en 2019 pola artista británica Lotta Ellis consumouse o sábado, 15 de Xaneiro, coa presenza do autor da fotografía Blas González; o concelleiro de cultura do Concello de Sandiás, Pepe Gándara e coa firma do convenio polo alcalde, Felipe Traveso. En nome do alcalde, agradecemos a Blas González a súa xenerosa achega aos fondos do centro.

En 2017, o fotógrafo Blas González iniciou o proxecto “Cadernos da Limia: Interxeccións”, unha reflexión sobre paisaxe, memoria e identidade ao redor da lagoa ausente. O relato visual desta viaxe non só revelou a profunda pegada emocional que deixou a perda deste ecosistema, tamén serviu de inspiración á artista británica Lotta Ellis. Lotta interpretou a dramática ferida no corazón do complexo húmido Limia-Antela intervindo pictóricamente esta fotografía das areeiras de Sandiás e poñendo de manifesto unha ferida que aínda sangra na memoria e identidade das xentes da Limia.

Neste sentido, a incorporación do cadro aos fondos do centro de interpretación introduce a ollada da expresión artística fotográfica enriquecendo o discurso didáctico museístico do complexo húmido Limia-Antela e, en concreto, o do humidal artificial das areeiras de Sandiás.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.