O Centro Orixe de Zadagós celebra un San Xoán cheo de creatividade, tradición e convivencia

O Centro Orixe, situado na aldea de Zadagós, no concello de Sandiás, acolleu unha celebración moi especial do San Xoán grazas a unha actividade organizada pola Furgoteca e coordinada por Reme Cid.

A xornada comezou coa lectura do conto A Tetera, de Rosa Urueña, unha historia que achega aos participantes á cerimonia do té, unha tradición ancestral cargada de significado e simbolismo.

Tras a lectura, cada persoa elaborou e decorou a súa propia teteira utilizando plantas tradicionais do San Xoán, como a herba de namorar, o fiúncho, a xesta, o romeu, a malva, a ruda e outras especies vencelladas a esta celebración. Ademais de servir como elemento decorativo, estas plantas permitiron afondar na tradición galega do cacho e no seu valor cultural.

A diversidade das persoas que conviven no Centro Orixe, procedentes de diferentes puntos de España, converteu a actividade nun espazo de intercambio de costumes e experiencias. O San Xoán transformouse así nun punto de encontro cultural no que cada participante puido compartir as súas propias tradicións e coñecer as doutras comunidades

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.