O Nadal chegou ao #ConcellodeSandiás. Este ano continuamos coa decoración navideña ao carón da Casa do Concello e en cada unha das aldeas.
En relación coa ambientación e decoración volve á casa do concello, a casiña, o tren, os coellos, niño con ovos, cervos e trineo, a caixa niño, o páxaro da noite como o moucho e a presenza da Torre do Castro, emblema simbólico do concello. Como novidades a mellora da estructura da iluminación da bola do mundo e a figura do cazador coa escopeta.
A decoración abarca tamén ás 18 aldeas do concello con pequenos pero significativos motivos do Nadal que acendan a maxia e a ilusión dos veciños nestas festas.
O material é como sempre de baixo custo e de material reciclado modelado de maneira entusiasta polos operarios do concello e a axuda de veciños.
Queremos que o noso concello teña un #toqueespecial nestas festas tan salientables que contribúa a xerar #alegría e #esperanza entre os #veciñ@s de dentro e de fora e dar a benvida ao #Nadal.