🎄✨ O Nadal 2025 chega a Sandiás!

Preparamos unha programación chea de ilusión, cultura e tradición para que estas festas sexan memorables! 🎅

🌟 Algunhas actividades destacadas:

🎁 Entrega do calendario 2025, coas imaxes que poñen en valor este ano o patrimonio da arquitectura da auga no concello, destacando o pozo de mina de Piñeira de Arcos e a fonte do desaparecida aldea da Uceira ao carón da Ermida de San Bieito.

🎶 Festival de Nadal para os máis cativos e familias con actuacións musicais e moita diversión o 19 venres de decembro.

🎤 IV Concerto de Nadal cos artistas Emilio Rúa e Xosé Carlos Caneiro que mesturan música e literatura e poesía, o 20 sábado de decembro.

👑 Visita dos Reis Meigos o 5 de xaneiro, luns pola tarde

❤️ Non esquezas colaborar na recollida de alimentos para apoiar ás familias que máis o necesitan. A campaña termina o 18 de decembro.

📅 Consulta todos os detalles no cartaz ou na www.sandias.es

Participa e fai que o Nadal sexa especial para toda a veciñanza! 🎁✨

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?