O Nadal chega a Sandiás!

O Concello de Sandiás presenta o programa de actividades culturais para o Nadal 2024, unha oportunidade para compartir tradicións, música e solidariedade con toda a comunidade.

Programa de actividades:

  • Ambientación navideña das aldeas e dos arredores da Casa do Concello durante o mes de decembro.
  • Felicitación institucional do alcalde e entrega do calendario de Nadal como agasallo, que este ano destaca o Patrimonio Ornitolóxico nas Areiras de Sandías-A Limia, con fotografías de Esteban Solleiro.
  • Festival de Nadal, organizado en colaboración co Punto de Atención Infantil (PAI).
    • Actuacións do alumnado do PAI, ademais da animación musical co «Peque Disco MOC MOC», dirixido polo DJ MeRe Clown.
    • 20 de decembro na Casa da Cultura ás 19:00 h.
  • III Concerto de Nadal do cantautor Emilio Rúa, titulado «Nadaliñas».
    • 21 de decembro na Casa da Cultura ás 19:00 h.
  • Visita dos nenos e nenas do concello a Pazolandia (Ourense, decembro).
  • Visita dos Reis Meigos á cativada de Sandías, o domingo 5 de xaneiro pola tarde.
  • III Cantar de Reis, en colaboración co CDR O Viso, o PAI e o CEIP de Sandías.
    • 4 de xaneiro pola mañá.
  • Decoración de Nadal do exterior dos fogares coa participación da veciñanza.
  • VI Recollida de alimentos e roupa, organizada en colaboración coas parroquias de Piñeira, Sandías e Couso de Limia, ademais de tendas locais e o Supermercado de Sandías.
    • Do 14 de novembro ao 21 de decembro.
 

Este Nadal, Sandías convídate a vivir a maxia destas festas con cultura, tradicións e actividades para todos.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?