O pasado xoves Sandiás subiu ao autobús do teatro.

O xoves viñemos convidados polo Centro Dramático Galego para ver a adaptación ao teatro da novela de Xosé Neira Vilas «Memorias dun Neno Labrego».

O Centro Dramático Galego convidounos a   ver a obra » Memorias dun Neno Labrego»  baseada no libro de Xosé Neira Vilas e dirixida por Cándido Pazó.

 Ao Concello de Sandiás concedéronlle 1O entradas a 5€ e a viaxe de balde. 

Compartimos autobús coa xente do Concello de Allariz e Amoeiro, un pracer de compañía!

Coincidimos no moito que nos gustou a obra dende o principio ao final. Inmellorable a posta en escena do gran elenco de actrices e actores. Se tedes oportunidade non deixedes de vela!

Animádevos sempre a disfrutar do teatro!

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?