O pasado venres, 14 de Novembro ás 11.45 h no salón de Actos da Casa de Cultura do Concello de Sandiás os bolechas coa “muller orquestra” arrincaron moitas notas musicais á vez que gargalladas nos nenos e nenas, familiares e educadores do Pai e do Ceip de Sandiás cunha asistencia de preto de 50 rapaces.
Neste teatro de monicreques, Pili Bolechas decide converterse nunha «muller orquestra» e construír un escenario musical cos seus instrumentos para ofrecer un gran concerto, a pesar de que ningún de seus irmáns parece estar moi convencido. Carlos non quere tocar o bombo, Loli non quere tocar os pratos, Braulio non quere tocar o trombón, Sonia non quere tocar o clarinete… Sonia ten unha idea para resolver esta enleada! A medida que as melodías do tambor, a guitarra, o piano ou a frauta soan, as nenas e os nenos aprenden os diferentes estilos musicais e participarán coa familia nas súas propias cancións. O obxectivo deste espectáculo foi experimentar cos instrumentos e crear novos ritmos entre a cativada, ao mesmo tempo que fomentan o uso do idioma. Foi do gusto dos nenos e nenas do Ceip e tamén dos máis cativos do Pai de Sandiás pois xa coñecían personaxes como o bebé Tatá e o can Chispa.
Esta iniciativa enmárcase dentro do FalaRedes, un programa de dinamización lingüística da Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia que pretende promocionar o uso do galego e ampliar a oferta de ocio no noso idioma. O espectáculo teatral está orientado a motivar o coñecemento do galego, ao mesmo tempo que se reforza a música como un elemento de conexión entre as persoas.
Bombo, pratos, trombón, clarinete, saxofón, frauta… Pili pode con todo na teima de armar unha banda de música!
Carlos non quere tocar o bombo, Loli non quere tocar os pratos, Braulio non quere tocar o trombón, Sonia non quere tocar o clarinete… Sonia ten unha idea para resolver esta enleada!
09/11/25 | 18:00 h
Auditorio Municipal | Catoira
https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/axenda
08/11/25 | 18:00