Concienciar e mobilizar aos veciñ@s do Concello cunha acción no Día do Medio Ambiente
O Concello de Sandiás, xunto coa Sociedade Deportiva de Cazadores de Sandiás o Ceip de Sandiás, o Punto de Atención Infantil (PAI) e veciñ@s, veñen de por en marcha unha campaña con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente, que tivo por finalidade concienciar e mobilizar aos veciños para manter de forma colaborativa as contornas libres de lixo. A campaña leva por título “Á caza do lixo”. Unha das accións foi revisar determinados puntos de acumulación de lixo maior e levalos ao punto limpo máis próximo. A outra acción neste ano foi recoller lixo menor das rúas das aldeas da Lavandeira e Zadagós.
700 quilogramos en grandes puntos de lixo
Un ano máis, na mañá do sábado 8 de xuño, celebrando o Día Mundial do Medio Ambiente, para recoller todo o lixo que puideron dos montes, chairas e rúas. Recolléronse, aproximadamente, 700 quilogramos de rodas de tractores, moito plástico de rega, colchóns, monitores de televisión, bidóns de plástico, latas, azulexos, botellas, zapatos, plásticos, neveiras, aspiradora, carcasa de hidro lavadora, pratos de ducha, sillas, ferros, cordas, restos de mobles e outros restos de material orgánico. Tamén se recolleu lixo menor nas aldeas de Lavandeira e Zadagós. Os restos foron trasladados aos puntos limpos de Xinzo de Limia. Utilizouse para a tarefa de recollida un kit de limpeza aportado polo Concello consistente nun par de luvas, bolsas para o lixo e tres vehículos, un deles con remolque.
Agradacementos a Sociedade Deportiva de Cazadores, ao PAI e o CEIP de Sandiás e aos veciños voluntarios participantes
O Concello agradece por quinto ano á Sociedade Deportiva de Cazadores de Sandiás, ao PAI de Sandiás e o Ceip de Sandiás e aos veciños voluntarios que respostaron a convocatoria. Aínda queda un longo percorrido na labor de facer pedagoxía e toma de conciencia por parte de todos, pero sabemos por onde temos que camiñar e persistir. Este pequeno xesto seguirase a facer nos próximos anos, xa que é unha acción que non custa, máis ben enorgullece, suma e, sobre todo, axuda a manter limpo o lugar onde vivimos.
A nosa obriga é colaborar e sensibilizar facendo pequenas accións. Non está de máis recordar que manter limpas as rúas, os parques, os xardíns, o río e os montes tamén é unha obriga da veciñanza, non só do Concello e da empresa encargada de recoller o lixo. Neste sentido, vanse notando melloras cada ano que pasa nas contornas das aldeas e das propias casas.
Para continuar o camiño cara a unha concienciación social e ambiental lembramos o punto limpo móbil da Deputación que fai retirada de residuos a domicilio e que precisa dunha simple chamada ao concello ( 988 46 50 01) e dos puntos limpos da Comarca da Limia (Xinzo de Limia, mércores e xoves entre 17.00 h e 19.00 h e sábado 10.00 h-14.00 h; Vilar de Santos, mércores de 10.00 h-14.00 h e Calvos de Randín, xoves de 10.00 h-14.00 h, para que ninguén do concello teña descoñecemento destes servizos e faga uso deles. Grazas e ata outro ano.