Peche da IV EDICIÓN DO CAMPUS DE BALONCESTO SALVA ARCO no polideportivo do concello de Sandiás

O sábado, 6 de Agosto púxose punto final á IV Edición do Campus de Baloncesto Salva Arco 2022 e aquí deixámosvos un álbum de fotos de xornada. Á primeira hora desenvolvéronse concursos de tres puntos, habilidades, two hall e 4×4.

No encontro estivo presente a figura senlleira de Lorenzo Sanz, antigo xogador do Real Madrid e hoxe comentarista deportivo. A continuación fíxose entrega de premios aos participantes e a determinados representantes que colaboraron co evento acompañados dos aplausos e felicitacións dos pais, nais e avós presentes no acto e que xa forman parte da “familia Campus Arco”.

Representando ao Concello de Sandiás estivo presente o seu alcalde, Felipe Traveso que recibiu unha camiseta de agasallo así como un agradecemento por poñer a disposición os recursos posibles en favor desta iniciativa. Pechouse o acto, como vén sendo habitual cunha coreografía creativa por parte do grupo de participantes.

Moitas grazas, de novo, en nome do Concello de Sandiás por estar presentes xa coa cuarta edición neste pequeno núcleo rural dándolle vida ás áreas recreativas existentes; pola proposta educativa integral ofrecida (competencias técnicas, acompañamento, convivencia e lecer activo); polos modelos de excelencia que ofrecedes aos mozos ao longo do Campus e por colaborar na dinamización do mundo rural.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.