Conclúen as 11 semanas do Campamento Concilia 2025 en
Sandiás nas que os nenos e nenas gozaron, aprenderon, riron, xogaron,
desenvolveron a súa creatividade e
fixeron grandes amizades. Grazas a todas as persoas que o fixeron
posible, e a todos/as os nenos/as e as súas familias por confiar no
labor socioeducativa do estupendo equipo de animación de Atelier Social. Tamén
o Concello de Sandiás agradece a colaboración, apoio e confianza depositada
polas familias un ano máis.
Tratouse
dun programa didáctico de múltiples actividades de tempo libre e de promoción
cultural destinado a poboación infantil e xuvenil durante dous
meses de verán que tivo como finalidade favorecer a conciliación
familiar, unha vida saudable e posibilitar a aprendizaxe dun lecer activo. A
organización das actividades cada día da semana xiraron ao redor dunha riqueza
moi ampla de temáticas: actividades de acollida, xogos de distensión,
coreografías, xogos populares, escape room, excursión, contacontos, actividades
relacionadas co consumo responsable, manualidades, globoflexia, malabares,
karaoke, xogos cooperativos, música e baile e actividades de despedida.
Deixámosvos algúns dos momentos das últimas
actividades e da festa final do campamento, destacando
especialmente o Contacontos de Inma Soto “Xela, Aventura na Fraga” sobre o amor
polo bosque galego, a visita a Furgoneta que trouxo produtos de sabor a mar,
comida e festa final de campamento. Outro ano máis gozando de xogos,
inchables e comida para pequenos e non tan pequenos.
Ata a próxima. Feliz volta o cole !!