Preto de 50 nenos e nenas do CEIP Rosalía de Castro de Xinzo de Limia visitaron o Centro de Interpretación da Lagoa de Antela

Por terceira vez recibimos no Centro de Interpretación a visita do CEIP Rosalía de Castro de Xinzo de Limia si temos en conta tamén a visita da ANPA. Acudiron preto de 50 nenos e meniñas de Primaria moi atentos e interesados polo que fixeron moitas preguntas. Viñeron acompañados de catro educadores. Descubriron a Casa da Lagoa e a historia, lendas, flora, fauna, recursos económicos perdidos da primixenia Antela guiados moi didácticamente por Alex de los Ríos.

A visita deu comezo co visionado de tres pezas audiovisuais sobre diversos aspectos do humidal natural da Lagoa o humidal artificial das Areeiras e o patrimonio etnográfico do Concello de Sandiás. A continuación percorremos varias salas da planta baixa e alta.

Fíxose referencia a Lagoa en xeral e as súas dimensións, análise de varias fotografías históricas, o uso das barcas e os proxectos de desecación. Tamén a xeografía mítica (os espazos e habitantes imaxinarios da Lagoa de Antela. Fíxose rápida referencia a diversas lendas e contos como o referido a Cidade de Antioquía). Despois de breves referencias ao folclkore, a etnografía e as economías perdidas da Lagoa (comercio de ras, samesugas, ovos, peixes). Na planta alta repasouse con detalle a fauna e flora típica da Lagoa de Antela e manipularon recursos interactivos relacionados coa emigración das aves o xogo da ra, etc.

Moi satisfeitos quedamos na Casa da Lagoa e moitas grazas pola vosa visita e interese esperando que fose de proveito. Esperamos que veñades noutras ocasións pois o que nos ten que contar a Lagoa de Antela da para moito máis.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.