📢 I XORNADA INFORMATIVA. Xestión da biodiversidade vexetal
👉 Que temos que coñecer, valorar e facer na xestión das faixas de protección das aldeas para protexer a nosa casa e cumprir coa lei?
Co obxectivo de tomar conciencia na prevención de incendios, tendo en conta as tráxicas experiencias vividas en Galicia nos últimos anos, e de manter o noso entorno limpo, organízase esta I Xornada Informativa dirixida á veciñanza das 18 aldeas do Concello de Sandiás.
Un encontro pensado para motivar, informar e explicar de forma clara e práctica como realizar correctamente a xestión da biomasa nas fincas, coa participación de persoas especialistas e con experiencia en cada ámbito.
📅 Día: Venres, 8 de maio
🕣 Hora: 20:30 h
📍 Lugar: Salón de Actos da Casa de Cultura de Sandiás
🧭 CONTIDOS DA XORNADA
- Presentación da xornada
Saúdos, coordinación (turno de faladoiros e preguntas do público).
Organiza: Protección Civil de Sandiás - Por que hai que limpar?
Motivación e concienciación: prevención de incendios, seguridade, salubridade pública, protección do medio ambiente e da biodiversidade. - Quen ten a responsabilidade de limpar?
Franxas primarias e secundarias, terreos comunais e zonas de alta tensión. - Que teño que limpar e onde podo consultar?
- Cal é o límite de tempo para limpar?
Prazos establecidos. - Que me teñen que limpar a min?
Que facer se non se cumpre: onde acudir e trámites. - Papel do Concello na fase preventiva
Xornadas informativas, emisión de bandos, notificacións a outras titularidades… - Papel do Concello ante incumprimentos
Medidas resolutivas e sancións. - Como se categoriza e prioriza a limpeza no verán
Zonas de maior perigosidade, parroquias priorizadas, medios dispoñibles e organización.
💬 Rogos e preguntas do público
Respostas claras, sinxelas, breves e prácticas.
👥 INTERVEÑEN
- Fernando Gándara – Presidente de Protección Civil de Sandiás
- Tomás Báez – Bombeiro forestal
- Felipe Traveso – Alcalde do Concello de Sandiás
- José Manuel Gómez (“Cazolas”) – Presidente da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Piñeira de Arcos
📢 IMPORTANTE
Tanto se vives como se non vives no Concello de Sandiás, queremos que escoites o que temos que dicir, así como as túas dúbidas e achegas para dar resposta concreta ás mesmas.
👉 Ven e participa nesta xornada que afecta ao teu concello e ás súas 18 aldeas.
⚠️ Unha finca sen limpar pode converterse nun risco real.
💚 Coida o teu entorno, protexe o noso Concello.
🤝 Xuntos avanzamos máis rápido nun tema tan importante.